Eliana Martíns/Susana Rodríguez. AGN (Santiago).
O PP segue disposto a pactar co BNG para "completar maiorías", segundo declarou hoxe o seu presidente, Alberto Núñez Feijoo. "Quintana sabe perfectamente que se quere gobernar nos concellos onde é a lista máis votada ten o apoio do PP", o que evitaría dar a idea de que cada vila "é unha subasta", explicou.
"Neste momento, PSOE, PP e BNG terían que estar falando coas outras forzas políticas para completar os gobernos que non teñen a maioría absoluta e non para pactar contra os que gañan", advertíu Núñez Feijoo, xa que senón Galicia sería novamente "exemplo excepcional da política española, de que algo non está funcionando correctamente".
Voto emigrante
Con respecto á ponencia constituída hoxe na Cámara galega para a reforma do voto emigrante, Alberto Núñez Feijoo pedíu que sexa un dereito e non "unha carreira de obstáculos". Por iso propón que se cree un censo actualizado acompañado dun sistema de urnas e mesas locais, coa fin de favorecer a transparencia.
Sobre limitar a participación dos emigrantes a determinados comicios, Feijoo considera que unha limitación dos dereitos conlevaría unha análise lenta e profunda, ademais de implicar a reforma da Constitución.
04/06/2007