Datos de interés

  • Xoves 28.08.2008

Datos de Sanidade

Mantense a estabilidade nos casos de SIDA en Galicia


Etiquetas: SIDA

Jacobo Rey. AGN (Santiago).

A consellería de Sanidade confirmou unha "tendencia á estabilización" do SIDA en Galicia, despois de que este ano se diagnosticaran 84 novos casos desta enfermidade no noso país.

Segundo os datos do departamento que dirixe María José Rubio certifican "un descenso continuado no número de casos novos de enfermidade" dende 1997. O primeiro caso de SIDA detectouse en Galicia no ano 1981, e dende entón rexistráronse 3.556 novos enfermos.

Sanidade explica a baixada polos "esforzos preventivos" levados a cabo pola Administración nos últimos anos, que son "a mellor estratexia de control" debido a inexistencia de vacinas ou tratamentos. Ademais, o descenso de contaxio non se traduce na diminución da poboación afectada, porque se incrementou a esperanza de vida dos enfermos.

A idade media de contaxio do VIH mantense entre os 25 e os 39 anos, e a principal causa é compartir o material de inxección para a administración de drogas. Tamén se detecta un ascenso de contaxios por relacións heterosexuais non protexidas.

02/06/2007

0'0 (0 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Buscar máis información sobre



Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso