Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Reganosa

Os mariscadores de Ferrol piden unha mesa de diálogo e anuncian unha tregua nas protestas


Etiquetas: Ferrol, mariscadores, Reganosa

Silvia Canabal (Santiago).

Os mariscadores de Ferrol e os membros do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría piden que se abra unha mesa de conversas con representantes políticos, para poder explicar as súas demandas e as súas actuacións en contra da planta gaseira. Na asemblea desta mañá, os mariñeiros decidiron abrir unha tregua nas mobilizacións na rúa para empezar a traballar unha ronda de conversas. Só teñen unha esixencia, que en calquera mesa de diálogo estea presente o patrón maior, Bernardo Bastida, preso dende onte no cárcere de Teixeiro.

Trala asemblea de hoxe esperábase un recrudecemento das mobilizacións dos mariscadores, en protesta pola carga policial de onte e pola dura condena de prisión sen fianza dictada contra o patrón maior. Pero non foi así. Os mariscadores anunciaron unha tregua e pediron diálogo coas autoridades. Para o vindeiro domingo convocaron aos cidadáns a unha manifestación no peirao de Ferrol. 

Inicio das conversas
Unha delegación dos mariñeiros e do Comité de Emerxencia dirixiuse ao Pleno do concello con intención de explicar ante os representantes políticos o que onte sucedera no peirao das Curuxeiras. Querían expoñer  os seus motivos para mobilizarse contra Reganosa, xa que temen que a actividade da planta gaseira afecte aos bancos marisqueiros e á súa actividade laboral.

O alcalde en funcións, Juan Juncal, non permitiu que a delegación de mariscadores intervise no Pleno, pero comprometeuse a reunirse con eles para escoitar as súas demandas. Momentos despois, os mariñeiros iniciaron unha ronda de conversas coas formacións políticas na que xa se reuniron con representantes de Esquerda Unida e do Bloque Nacionalista Galego.

Os mariscadores pediron a intervención dos representantes políticos para que se deixe en liberdade ao patrón maior da confraría, Bernardo Bastida, que onte á noite ingresou no cárcere de Teixeiro sen posibilidade de fianza. Está acusado de de desobediencia, ameazas, coaccións e desorde pública.

Como resultado desta xunzanza, Esquerda Unida xa pediu que Bastida sexa posto en liberdade e condicionou un posible pacto de goberno no concello de Ferrol a que o candidado socialista, Vicente Irisarri, se pronuncie sobre a brutal carga policial que onde se produciu contra os manifestantes.

Vídeo dos sucesos do 30 de maio en Ferrol, na páxina do Comité Cidadán

31/05/2007

5'0 (3 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

Manifestación dos mariscadores trala detención do patrón maior, Bernardo Bastida (AGN)
Manifestación dos mariscadores trala detención do patrón maior, Bernardo Bastida (AGN)
Entrada do metaneiro Mourad Didouche na Ría de Ferrol (AGN)
Entrada do metaneiro Mourad Didouche na Ría de Ferrol (AGN)

Buscar máis información sobre





Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso