Xeración (Santiago).
A Sociedad General de Autores y Editores ingresou 23,6 millóns de euros durante o 2005 en concepto de canon por copia privada. Unha cifra multiplica por 11 os 2 millóns que recadou no 99.
En total, as ganancias das sociedades de xestión polo canon dixital supera os 92 millóns de euros, segundo datos que publica o xornal Expansión, e esta cifra podería incluso cuadriplicarse neste ano se finalmente se acorda a extensión do imposto a soportes como discos duros ou tarxetas de memoria.
A extensión do canon dixital a novos soportes de datos aprobouse coa última reforma da Lei de Propiedade Intelectual, en xullo de 2006. As sociedades de xestión, os fabricantes e o goberno non conseguiron poñerse aínda de acordo na contía das compensacións, pero cando finalmente cheguen a un acordo, a medida aplicarase con carácter retroactivo. Isto quere dicir que se lle esixirá ós distribuidores o canon polos produtos que venderon dende o 2006.
29/05/2007