Datos de interés

  • Venres 03.09.2010

Tempo de pactos

O PSdeG aspira á alcaldía do 70% dos concellos nos que pode pactar co BNG


Etiquetas: 27-M, eleccións

Mónica Sequeiro. AGN (Santiago).

Un total de 200 concellos de Galicia, dos 315, contan con maioría absoluta dalgún partido tralos resultados das eleccións municipais celebradas onte. Para garantir no resto gobernos de esquerdas, os socios da Xunta, o PSdeG e o BNG, buscarán pactos, nos que a chave do goberno está en moitos casos nos independentes.

Todos os partidos están facendo os seus cálculos e os socialistas puxeron sobre a mesa a posibilidade de facerse con 69 das alcaldías de coalición, o que supón case o 70% do total, mentres que para o BNG quedaría co resto. Máis dunha decena de casos son os independentes a outra parte coa que negociar.

O PSdeG pretende poñer nos concellos galegos un total de 107 alcaldes, dos cales 39 serán por maioría absoluta, e o resto en base aos acordos co BNG. Os cálculos dos nacionalistas apuntan a liderar máis de 30 alcaldías, 8 con maioría absoluta.

Pola súa banda, o PPdeG conta con 152 alcaldías nas que poderá gobernar en solitario. No resto, os socios do bipartito poñeranllo máis complicado. De feito, está practicamente garantido que os populares non dirixirán o concello de ningunha das 8 cidades galegas, contando a Vilagarcía, pese a que son os máis votados en 4 delas.

Ourense, bastión popular
O baluarte do PP segue sendo a provincia de Ourense, no que dos 94 concellos, só en 11 pode haber coalición PSdeG e BNG. Deles, os socialistas aspiran a dirixir 9 alcaldías.

Unha situación que se repite en varios concellos da Coruña, como Corcubión, Dodro e As Pontes. A provincia coruñesa é a que conta con máis posibilidade de pactos entre os socios da Xunta, uns 40, e tamén na que máis presenza e peso hai de partidos independentes.

En Lugo, as 44 maiorías absolutas deixan só 23 concellos abertos a coalicións, dos cales o PSdeG aspira a 15.

Pontevedra ten máis de 20 concellos con posibilidades do pacto e é, logo da Coruña, a provincia na que o BNG podería lograr liderar máis gobernos de coalición. Entre elas, a propia capital.

29/05/2007

1'0 (1 votos)

¿COMENTAS?

Para engadir comentarios necesitas unha conta de usuario. Podes conseguila aquí.

Se xa estás rexistrado, introduce os teus datos.

Redes sociais

Fotos

(foto: Pepe Ferrín. AGN)
(foto: Pepe Ferrín. AGN)

Buscar máis información sobre




Busca libre

Publi


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso