Erasmo (Vigo).
O desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística debera INCENTIVAR ECONÓMICAMENTE ós profesionais do ensino que a leven adiante.
Do mesmo xeito que se promove a cultura e a edición de materiais en Galego e se lles libra ás Editorias cantidades inxentes de diñeiro público, ¿sería moito pedir que se INCENTIVEN os esforzos do profesorado para levar a cabo o proceso normalizador da lingua galega?
Aqueles funcionarios que soliciten un complemento mensual de 60 €uros brutos estarían 'obrigados' a acatar os trámites que lles foran esixidos pola Administración Educativa para comprobar o bo funcionamento das medidas adoptadas. Os que non o soliciten poderían manter a lingua castelá nas súas aulas sen ningún tipo de problema.
A medida sería moi exitosa para a Política Lingüística e lonxe de representar un custo nos orzamentos a medio prazo poderíamos AFORRAR MOITOS CARTOS en esforzos inútis (cursos, propaganda, plans de lectura, actuacións da inspección, resolución de conflictos, etc...)
Someto á consideración dos lectores esta INICIATIVA que tería unha dobre virtude: por un lado apostar en firme polo emprego do galego nas aulas e por outra banda garantir a liberdade lingüística dos cidadáns.
Aquelas persoas que por motivos ideolóxicos quixeran renunciar ó seu complemento lingüístico poderían beneficiarse dunha deducción fiscal do 25% da coantía anual do complemento en calidade de doazón voluntaria á Normalización Lingüística Galega.
Ven de aprobarse un Plan de Lectura con 50 millóns de Euros até o 2011… eu me pregunto ¿por que os profesores non teñen dereito a ser recompensados polo seu traballo a prol da lingua galega cando tódolos demáis sectores parecen sacar beneficios da defensa do galego?
O Presidente da Real Academia Galega leva razón cando afirma que agora hai unha "presión maior nos institutos para que todo se someta á norma e non sei se iso é bo".
Parece que somos os funcionarios públicos ós únicos responsables da perda no uso do galego... e os críticos coa RAG (Mesa de Normalización) deberan saber que grazas a estes mesmos funcionarios docentes o Galego goza hoxe de boa saúde... O futuro das linguas non se pode determinar por decreto...!
Os profesionais do ensino tamén somos de carne e oso, comemos coma todo o mundo aínda que non cobramos 'dietas' por representar a ninguén nas Institucións do pais... a nosa laboura calada de días, anos, lustros... NUNCA É RECOMPENSADA ECONOMICAMENTE... e a sociedade sábeo ben!
Un Complemento Lingüístico para os docentes que empreguen o galego nas súas aulas LIBREMENTE... non ten porque ser un problema cando se destinan millóns de euros á industria do audiovisual en galego, ás editorias para a normalización dos libros de texto, ás bibliotecas escolares, ós departamentos de lingüística aplicada, á traducción de sistemas informáticos...
¿É moito pedir ser tratado igual que tódolos demáis?
Erasmo
Profesor de Filosofía en Secundaria.
Amante da súa lingua e da Liberdade...!
28/05/2007
Para aqueles que teñades interese en seguir esta Iniciativa podedes seguir o debate neste outro lugar:
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/97/tangallego-comoelgallego
E se estas razóns vos chegan a convencer de que:
Unha Lingua Non se pode falar Por Decreto...!
podedes asinar o seguinte texto:
TAN GALLEGO COMO EL GALLEGO
Los abajo firmantes queremos expresar nuestra preocupación por el acuerdo alcanzado entre la consellería de educación y los distintos grupos políticos que obliga a un mínimo de 50% de clases en gallego y permite, incluso, que los centros impartan todas las materias en ese idioma, excepto las lenguas. Es un acuerdo que desdeña los derechos de los padres y 'la libertad de expresión de los profesores', e impulsa al sistema educativo hacia un monolingüismo que en nada refleja la realidad social de Galicia.
La calidad de la educación parece un asunto de menor importancia para los promotores del decreto. En estos tiempos en que toda la sociedad reconoce los graves problemas que aquejan a las aulas, la consellería concentra esfuerzos y recursos en continuar la expulsión del idioma castellano de la enseñanza. Da la impresión de que la prioridad de nuestro sistema formativo ya no es el desarrollo de buenos ciudadanos y profesionales competentes, sino la de modificar los hábitos lingüísticos de los gallegos.
Este último factor es de gran importancia. El acuerdo ha sido publicitado como una nueva "galleguización" del sistema educativo. Ignora que el castellano también es, legítimamente, una lengua gallega. No es sólo una lengua de proyección universal; es, además, la lengua materna de buena parte de los estudiantes y aquella en la que mejor pueden hacer su trabajo gran número de docentes. Nos parece que hay muchas razones, tanto pedagógicas, como sociales y económicas para oponerse a su continua reducción en las aulas.
Por todo ello, queremos hacer oír nuestras protestas. Con nuestras firmas, pretendemos recordar que somos muchos los gallegos que disentimos de esta política educativa y que preferimos avanzar hacia una educación orientada a las necesidades específicas de cada uno de los alumnos, una educación basada en la calidad y el rigor de la formación, una educación, en fin, fundada sobre un espíritu abierto y universalista. Es por eso que solicitamos de la consellería que recapacite acerca de la sensatez del camino emprendido y retire el acuerdo sobre el futuro decreto.
O acceso tédelo aquí:
http://www.tangallegocomoelgallego.es/index.php?option=com_facileforms&Itemid=31
Erasmo
Amante da súa lingua e da liberdade!
Ditame do Consello Consultivo de Galicia sobre o proxecto de
Decreto de Normalización la Lingua Galega no ensino:
* Polo que respecta ao trámite de audiencia, debe formularse a observación da súa materialización a través dun trámite exclusivamente gobernamentalizado, por canto non se deu audiencia a entidades ou asociacións externas á Administración representativas de intereses afectados, sendo esta unha irregularidade xa denunciada por este Consello Consultivo en anteriores ditames, entre outros o CCG 548/06.
* Neste sentido, a viabilidade ou factibilidade das normas, o seu impacto no campo social ao que son destinadas, a súa execución en definitiva, dependen en gran medida da información, participación e aceptación dos destinatarios que poden presentar eventuais reaccións de rexeitamento que deberan terse detectado de antemán nesta fase do procedemento para evitar, no posible, doses ou déficit de cumprimento das normas no futuro, e conseguir unha execución real e efectiva.
*En efecto, unha cousa é que a sociedade civil, a través das súas manifestacións organizadas, forme criterio autonomamente e alegue no proceso de elaboración da norma, e outra é a expresión, relevantemente máis limitada, da súa opinión en órganos administrativos nos que se integran algúns dos seus membros ou representantes. Entre ambas situacións non cabe afirmar identidade, xa que falla a “autonomía decisional” inherente ao recoñecemento, polo ordenamento, da prístina capacidade naquelas organizacións sociais de formar, no seu interno, a opinión social acerca de cuestións que lles concernen e sobre as que decide unha institución vicaria cal é a administración. O carácter vicarial ou servicial desta, respecto da sociedade, e a autonomía decisional, deben ter un tratamento equilibrado.
* Estas consideracións non son baladíes, na medida en que o proxecto crea para algúns colectivos (centros, profesores, etc.) un contido obrigacional moi importante, que pode afectar decisiva e definitivamente á súa intervención na docencia.
* Por outra parte, e en relación coas esixencias da propia Lei de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega, xa citada, tampouco se xustifica no expediente o cumprimento do trámite de participación pública previsto no artigo 9 daquel texto legal.
* Este Consello Consultivo considera que polas circunstancias apuntadas nestas observacións se compromete severamente a legalidade do trámite.
Ata aquí as primeiras consideracións do Ditame técnico-xurídico:
Para empezar non está mal recoñecer que as cousas feitas de costas ós cidadáns moi legais non parecen... agás para aqueles que desexen que OUTROS decidan por eles... que non é o meu caso!
Para xustificar a miña posición ó respecto da Liberdade Lingüística reproduzo outro párrafo do Ditame que dí o seguinte: "A impartición desas materias en lingua galega actualiza a potestade organizatoria do sistema de ensino que corresponde aos poderes públicos, e como xa se indicou fronte a tal determinación non é opoñible un pretendido dereito a recibir a educación nunha soa lingua de xeito exclusivo, mais o ámbito decisorio dispoñible para o regulamento esgótase no eido da impartición das materias, pois o uso da lingua como instrumento vehicular non está suxeito á avaliación directa nesas materias, e a imposición do seu uso a través dun mandato directo con reserva de excepción -non especificada por certo no texto do decreto- choca coa inexistencia dun deber estatutario ou legal de uso do galego, polo que os alumnos poden invocar o seu dereito ao emprego da súa lingua de preferencia entre aquelas que son oficiais". Ata aqui a cita textual.
Mirade senón resulta 'esquizofrénico' que se lle esixa ó profesor o emprego do galego nun aula na que a totalidade do seu alumnado empregue o castelán como lingua vehicular?
Esta é unha das moitas REALIDADES lingüísticas de Galicia que convén non deixar de lado se queremos facer algo en serio sobre o futuro da lingua galega na sociedade aberta do século XXI.
Nesta situación o profesor non deixaría de ser 'o raro' ese ser extraño que fala o que lle 'obrigan a falar' (malpocado, é cáseque un menor de idade ante os seu alumnado que é libre de expresarse como lle pete) mentres o alumnado fala como quere e cando quere sen obriga algunha!
ABSURDO... pero LEGAL!!!
O Ditame termina dicindo.
CONCLUSIÓN: Por todo o anteriormente exposto, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros, ditamina:
“Que o proxecto de decreto para a promoción do galego no ensino, no marco da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, non é conforme a dereito polos motivos indicados no corpo do ditame”.
---
Pero como este Ditame NON É VINCULANTE para o Goberno Galego seguramente no mes de Xullo a Consellería de Educación fará uso das súas 'soberanas' atribucións e publicará o Decreto para maior gloria de tódolos que NON queren atender a razóns senon que prefiren poñer o carro diante dos bois e arar contra vento e marea e contra os dereitos lingüísticos dos que vivimos nesta terra...?
Pois veremos como sobrevivive a lingua galega a golpe de Decreto...?
Erasmo
Amante da súa lingua e da Liberdade.
Para ler o texto completo do Ditame:
http://www.ccgalicia.com/ifarmes/gal-366-07.htm