Festival de Cans

TOMA 4     

Fin de festa do Festival

10:07  Todo o bo remata, así que o Festival de Cans pechaba esta noite as súas cancelas ata o ano que ven, e facíao cos galardóns pertinentes. "Sen Chumbo", dirixida por Jorge Saavedra, conseguía 3 dos ansiados 6 cadeliños

¿Que pensan as nosas estrelas do festival de Cans?

03:25  Cans, nun día, concentra en escasos metros cadrados a maior parte do 'star system' galego. ¿Que opinan sobre Cans?

TOMA 3     

Coloquio na leira: "Se a televisión vai ó comercial, imos converter o cine niso?"

17:11  "Ven, vouche ensinar as ghaliñas". Alicia é propietaria da leira que acolle o coloquio onde, aparte das queixas, hai espazo para a autocrítica sobre o noso audiovisual

Unidos por un chimpín, e con pedigree

13:39  Con todo o jlamour que require a historia, Cans entregou a primeira sesión de premios. Os homenaxeados, directos dende o chimpibús ao adro da igrexa recolleron os ansiados galardóns

Juanjo Ramírez, director de 'Gritos en el pasillo': 'Non podo comer cacahuetes'

12:49  Juanjo Ramírez dirixiu durante cinco meses a 300 cacahuetes. Así, cun par de conguitos púxose á fronte dun proxecto que se cobixa no xénero do terror friki. Hai que ser moi friki para querer meter medo cuns cacahuetes...

Antón Reixa: 'Hai que ser un bo can de palleiro'

11:19  Presentar a Antón Reixa non é cousa fácil. Hoxe é produtor á fronte de Filmanova, pero no seu currículum cabe dende director de cine e televisión, guionista, cantante e presentador de radio e tele. Un mestre do audiovisual galego, e dende esta fin de semana é ademais, Premio Honra Pedigree 07

Hai vida máis alá da Cabritinha

09:13  Tarde de cine en Cans. Sentimos a chamada duns tambores que nos arrastran cun ritmo frenético cara ao bar de Moncho. Que nos agardará alí? Os bombos dos Bravos de Sâo Vicente? Cacahuetes asasinos?

TOMA 2     

'Gritos en el pasillo'. Orgullo friki en Cans

15:19  Se hoxe é o Día Internacional do Orgullo Friki, Cans non podía ser alleo a tal celebración, así que proxectará unha das pelis máis frikis da historia: 'Gritos en el pasillo'. Ou non é friki unha peli interpretada por cacahuetes?

Estrea mundial de 'Abrígate', de Ramón Costafreda

10:04  Os primeiros representantes do famoseo e da vie en rose (Porriño) foron chegando ao Festival. A estrea mundial de 'Abrígate', de Ramón Costafreda, tivo que retrasarse unha hora polos problemas do protagonista, un guapísimo Félix Gómez que se perdeu polas infraestruturas pangalaicas

'Niño y Pistola', gañador do festival de videoclips

05:14  Videoclips, fotogramas a ritmo frenético nos que pouco reparamos pero entre as que hai verdadeiras obras de arte. Cans, como Festival de Curtas, antes ou despois tiña que renderse ao xénero

TOMA 1     

Can Parade: dos escaparates ás leiras

20:18  O Can do Festival transpasa os límites da pantalla e salta ó pequeno comercio grazas á imaxinación de varios artistas locais

Cando menos o esperas, salta o can

17:33  Mentres os veciños se preparan a fondo para as estreas, un 'Wally' amarelo espera a que o atopen en cada rincón da vila

'Voilà', isto é Cans

09:19  Xeración vai ó Festival de Cans da man de Elianinha. "Confirmado, isto é unha romaría. Se alguén pensa atopar só curtametraxes, que non veña. Cans é moito máis"

PRÓLOGO...     

Cans, máis que un festival, unha festa

22:00  Os rapaces de Arela preparan todo para o festival de cine galego máis auténtico: Cans trae unha edición que promete talento

Can Parade: quentamos motores para o Festival de Cans

14:03  A Can Parade xa está nas rúas do concello de Porriño, que reúne obras de 15 artistas emerxentes do Porriño, nas que se versionan a silueta do Can do Festival

O Festival de Cans

É unha cita alternativa e divertida coas mellores curtametraxes galegas. Un peculiar festival que este ano chega a súa cuarta edición. De novo a aldea de Cans, no concello do Porriño (Pontevedra) convértese por uns días no epicentro do terremoto cinematográfico do país.

Non te equivoques, este é o auténtico. O que fan pola Costa Azul francesa non é máis que unha burda imitación...


xeracion web
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso